Alfredo Crespo é o alumno coa mellor nota en selectividade

Alfredo Crespo

Alfredo Crespo Otero, de Mangoño de Abaixo, en Oza-Cesuras (A Coruña),  alumno do noso instituto, IES As Mariñas, obtivo unha nota de 13,94 sobre 14 na selectividade, a máis alta este ano entre os case 11200 alumnos presentados.

Clicando na imaxe pode verse un video no que nos conta a súa experiencia.

Ánimo a Alfredo e a toda a mocidade que está loitando polo seu futuro!

Datos e imaxes collidos do xornal «La Voz de Galicia» do día 21 de xuño de 2016.